APOIO ACTIVO A PERSOAS CON DIVERSIDADE FUNCIONAL
Traballamos para que a inclusión educativa se faga efectiva, dando os apoios necesarios para que isto suceda. Abogamos por unha escola inclusiva onde tódolos nenos e nenas poidan ter acceso a ese dereito reafirmado na Declaración Univesal dos dereitos das PCD.
Dende o modelo de escola inclusiva, o apoio son todas aquelas actividades que aumentan a capacidade para atender a todo o alumnado (Booth et al., 2012), é decir, tódalas accións que se realizan para dar resposta ás necesidades de todas e cada unha das nenas e nenos nos centros educativos.
Dende a visión do profesorado, o apoio é imprescindible para o desenvolvemento da nosa actividade profesional dado que permite responder ás necesidades educativas que surxen na aula e no centro, e que individualmente no podemos dar resposta (Nieto e Portela, 2001).
¿Como o facemos?
Analizamos cales son as capacidades e necesidades do contexto e do propio alumnado para así poder dar unha resposta axeitada e de calidade.
Reunímonos cos centros para crear extratexías comúns de apoio.
Traballamos e utilizamos metodoloxías activas que permitan o desenvolvemento das capacidades do alumno/a, respetando a súa autorregulación e tempos de aprendizaxe.